domingo, 2 de novembro de 2014

AS NOSAS TRADICIÓNS : O SAMAÍN

Ao longo da semana traballamos sobre O Samaín: o seu significado, lectura de contos relacionados co tema, "Unha brisa invisible", O Coco, Historias de medo, O Monstro Ricardo, ...
Creamos os nosos monstros, visualizamos videos de contos e cancións como Os Esqueletos de Mamá Cabra, O Samaín de Paco Nogueiras, ...
Elaboramos un mural cos nosos monstros a partires do Monstro Ricardo, escribimos a receita de cociña sobre " as chulas", recibimos a visita dos nenos e nenas de 4ºA disfrazados para a ocasión, que van a apadriñar un neno ou nena de 1ºA. Presentáronnos a súa proposta de apadriñamento.
Exposición de cabazas e decoración da aula e corredor do colexio.
Degustación de Chulas de cabaza: " Polo Samaín chulas comín". 






 


















Ningún comentario:

Publicar un comentario