xoves, 19 de marzo de 2015

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

A Federación Internacional Síndrome de Down, a partires do ano 2006, fixou o 21 de marzo, como data para celebrar o Día Mundial das persoas con Síndrome de Down. Pero, non foi ata o 9 de novembro de 2011, que a ONU declarou de xeito oficial o 21 de marzo como Día Mundial do Síndrome de Down.



SEMENTANDO

QUIEN SIEMBRA EN MARZO, RELLENA EL ZARZO.

La alegría de hacer bien está en sembrar, no en recoger.

Jacinto Benavente

Hoxe sementamos rabanitos, calas, tulipáns.
Comprobamos as diferencias entre sementes e bulbos.
Escollemos os bulbos que estaban gardados en terra dende o ano pasado.
Comparamos a textura, temperatura, humidade, da terra recén aberta e a do curso anterior.
Preparamos a sementeira , fixemos buratos aos recipientes de plástico.

"DIME Y LO OLVIDO,
                                ENSÉÑAME Y LO RECUERDO,
                                                                                INVOLÚCRAME Y LO APRENDO."
             (Benjamín Kranklin)

O dia 21 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES. Adiantámonos para ver a pelñicula de Walt Disney "Árboles y flores" y o conto de "Ainda nada ?" musicado por Bea Campos.


                                                                                                                                     
                                                                          

Sementes de rábanos

bulbos de tulipáns


Bulbos de calas
                                                       Identificamos a maceta.

EL HOMBRE DE NINGUNA PARTE

AS  EMOCIÓNS: o xogo dos espellos

Hoxe tivemos unha sesión compartida cos "nosos padriños lectores".
Padriños e afillados compartindo EMOCIÓNS coa música de Xoel López , "el hombre de ninguna parte."
O Xogo dos Espellos, entre padriños e afillados, apoiados pola música de Xoel López, foi unha experiencia que valoraron como moi positiva, e as emocións compartidas que destacaron foron: alegría, sensacións de xogar nun remuiño de auga, dunha paisaxe rodeada de mimos, sensación de estar ao sol, animado, tranquilo, activo, emocionada, amizade, felicidade, amor, diversión, ...

O Plan de Formación do Profesorado do noso centro, conta coa formación en Educación Responsable da Fundación Botín, na que participan un grupo de profesores do colexio con actividades, que se desenvolven ao longo dos tres trimestres, e teñen como obxectivo  principal "promover e facilitar o desenvolvemento das fortalezas e capacidades dos nosos alumnos, perseguindo o desenvolvemneto integral dos mesmos.

Estas fortalezas desenvolveranse a través do traballo e interacción diaria na escola, na familia, na comunidade. Polo que é moi importante a coordinación e relación familia-escola-comunidade.

Contamos cun banco de ferramentas que contén, contos, cancións, materiais audiovisuais, secuencias de cine,...

A familia é o contexto máis importante para a aprendizaxe emocional e social.


A escola e familia traballando na mesma dirección.

Dentro dos Recursos de Educación Responsable, contamos, ademáis, con Música, Arte (Reflejarte), Literatura, emocións e creatividade.

 Intentei subir o video da actividade entre afillados e padriños lectores, pero pesa demasiado e non mo permite. Volverei a intentalo porque vale a pena. Xenial!

Os padriños lectores agasallaron aos afillados con esta actuación:






MEANS OF TRANSPORT

 MEANS  OS TRANSPORT

A profesora de Inglés, Paula, está  traballando  sobre OS TRANSPORTES , tema que estamos a rematar en Ciencias Sociais.

Hoxe os nenos trouxeron distintos medios de transporte e fixeron unha descrición de cada un na clase de Sociais.

Logo continuaron na clase de inglés co mesmo tema e remataron cunha exposición no corredor das aulas do ciclo inicial, identificando cada transporte, cunha tarxecta, empregando a lingua inglesa.

Deixamos a testemuña desta actividade:













Van seguir levando transportes ao colexio que presentarán aos compañeiros, expresándose en Inglés.
Iremos subindo ao blogue a testemuña desta actividade.


mércores, 18 de marzo de 2015

SOMOS ESPELLOS


Coñecemos a música de Xoel López coa canción de "Hombre de ninguna parte" .


Despois de escoitar a canción, ritmo e letra,
bailaron todo o grupo; cadaquén ao seu ritmo.


Buscaron unha  parella.

Un neno era o espello e o outro tiña que imitalo. Logo cambiaron os papeis.

Os xestos, o ritmo e movemento, as emocións, había quén trataba de relacionalas coa letra da canción.

Unha experiencia da que disfrutaron, e queren convidar aos " padriños" do cole, para repetila xuntos.



 










Recollemos en video O XOGO DOS ESPELLOS :


 



                                           

21 de marzo DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

DÍA  INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Sementando VIDA

O  DÍA  21  DE MARZO E TODOS OS DÍAS 

ÁRBUSTOS, HERBAS E ÁRBORES

Fixemos unha saída pola contorna do colexio para recoller herbas, arbustos, talos e follas , plantas,...







"DIME  Y  LO  OLVIDO,
  

ENSÉÑAME   Y  LO  RECUERDO,



INVOLÚCRAME Y LO APRENDO".

                       BENJAMÍN  FRANKLIN


  
















CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO

Neste enlace podemos ver un video sobre o cálculo mental con ábaco . Están os campeóns do mundo.

ALOHA

O Quinzet

O  QUINZET
Imos ampliando o número de diplomas do noso QUINZET. Unha actividade que encántalles !!


domingo, 15 de marzo de 2015

MATES DIVERTIDAS

  MATEMÁTICA  DANZADA
Achegar as matemáticas aos nosos alumnos dun xeito manipulativo e divertido e un dos nosos  obxectivos.
Mediante a manipulación de diversos recursos, do traballo en equipo e colaborativo, das ferramentas como a música, a danza,.... vainos levar a ter con nos a Mercedes Prieto o día 25 de marzo.
Mercedes Prieto, especialista en Matemática Danzada ,vai traballar no centro cos alumnos de 1º e 2º curso, compartindo unha sesión por aula ao longo de toda a mañán.
Pola tarde, será o profesorado quén participe da sesión de Matemática Danzada.

É unha actividade na que tanto os alumnos como o profesorado traballarán contidos matemáticos a través da danza e con ritmos como o Chotis, a Troika, O reloxio asincopado, Vals, Danza del Rogle, Os números , etc


ENLACES DE INTERESE
Neste enlace dispoñemos de recursos para traballar a Competencia Matemática .
Matemáticas cercanas

Hoxe é o 133º aniversario do nacemento de Emmy Noether e, por eso, o doodle de Google está adicado hoxe a tan extraordinaria muller. 
Emmy Noether foi unha matemática, xudía, alemana de nacemento, coñecida polas súas contribucións  nos  campos da física teórica e  álxebra abstracta.
Naceu o 23 de marzo de 1882.


matemáticas divertidas