domingo, 15 de marzo de 2015

MATES DIVERTIDAS

  MATEMÁTICA  DANZADA
Achegar as matemáticas aos nosos alumnos dun xeito manipulativo e divertido e un dos nosos  obxectivos.
Mediante a manipulación de diversos recursos, do traballo en equipo e colaborativo, das ferramentas como a música, a danza,.... vainos levar a ter con nos a Mercedes Prieto o día 25 de marzo.
Mercedes Prieto, especialista en Matemática Danzada ,vai traballar no centro cos alumnos de 1º e 2º curso, compartindo unha sesión por aula ao longo de toda a mañán.
Pola tarde, será o profesorado quén participe da sesión de Matemática Danzada.

É unha actividade na que tanto os alumnos como o profesorado traballarán contidos matemáticos a través da danza e con ritmos como o Chotis, a Troika, O reloxio asincopado, Vals, Danza del Rogle, Os números , etc


ENLACES DE INTERESE
Neste enlace dispoñemos de recursos para traballar a Competencia Matemática .
Matemáticas cercanas

Hoxe é o 133º aniversario do nacemento de Emmy Noether e, por eso, o doodle de Google está adicado hoxe a tan extraordinaria muller. 
Emmy Noether foi unha matemática, xudía, alemana de nacemento, coñecida polas súas contribucións  nos  campos da física teórica e  álxebra abstracta.
Naceu o 23 de marzo de 1882.


matemáticas divertidas

Ningún comentario:

Publicar un comentario