Fixéronno moi ben e actuaron acompañados dos anxos que fixeron , un para cada man.
Visitounos o Apalpador e estivo cos nenos entregándolle unha presiña de castañas .
Un grupo de nenos de 1ºA prepararon o conto do Apalpador apoiados co Kamishibai. Foron contárllelo ás clases que demandaron a súa presenza.
O Apalpador o curso pasado estivo por Cambados o 24 de decembro e deixou algúns xoguetes de madeira feitos por él mesmo.
Fixemos unha festa de Nadal na aula, percorremos o colexio co noso Kamishibai, fixemos fotos na árbore de Nadal e co Papá Noël, e actuamos no Festival de Nadal do cole.