domingo, 26 de outubro de 2014

LECTURA E ESCRITURA

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA


/Rincon de Infantil e de Primaria

Este enlace comparte con nós proxectos e actividades que se levan a cabo nas nosas aulas no día a día.
Actividades encamiñadas á lectura e escritura en idades temperás.
Talleres de lectura e escritura creativas. Contamos para esto con Mar Romera e  Francesco Tonucci (Frato).

Francesco Tonucci : "¿Como puede ser la escuela para el mañana?"


Mar Romera :" La comprensión lectora".






AS NOSAS TRADICIÓNS

O SAMAÍN


O  Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo que foi levada polos emigrantes a terras americanas.

O SAMAÍN = FÍN DO VERÁN E COMENZO DO INVERNO.

Na antiga cultura celta o tempo do Samaín, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro ,era o período máis importante do ano.

Neste enlace de Vieiros da Escola podemos atopar, ademáis dun breve comentario ao sentido do Samaín, receitas de gastronomía, Caldo de Cabazo, no blog de Colineta, ligazón a un castro, etc




OUTRO ENLACE CON RECURSOS:













martes, 21 de outubro de 2014

CIENCIA EN GALEGO

V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.
O  DEREITO  A  GOZAR DA CIENCIA EN GALEGO.

A temática do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO , o  día 5 de novembro, desde Igaciencia , dedícase á Física, a impatir a Física en Galego, a recoñecer importantísimos fisicos a nivel mundial como Newton, e dar a coñecer a un físico matemático galego, Xosé Rodríguez, que interveu na medida das dimensións da Terra, traballou con Arago nas Baleares, facilitándolle a fuga da prisión de Mallorca e detectou algúns erros nos cálculos sobre esas medidas.





XOSÉ  RODRÍGUEZ:
http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=31

 ISAAC  NEWTON








mércores, 15 de outubro de 2014

O CORPO HUMANO

Os sentidos

Estamos afondando no coñecemento do corpo humano.
Estamos estudiando os sentidos.
En Mundo Primaria , o enlace anterior de Os sentidos,hai xogos para 1º e 2º de primaria de Ciencias da Natureza e das demais materias.


 Iván experimentando co olfacto
A  Vista

Paco emprega o tacto e a vista



video sobre os sentidos

sábado, 4 de outubro de 2014

A LOMCE

A LOMCE SEGÚN TONUCCI.

O prestixioxo pedagogo, maestro, escritor, investigador, debuxante italiano Francesco Tonucci , entrevistado o 02/12/2012 , conversa sobre a LOMCE.
Pedía a retirada do anteproxecto da Lei e a apertura dun período de verdadeiro diálogo coa comunidade educativa e con todas as forzas sociais e políticas que permita sentar as bases dun modelo educativo consensuado e sostible.

Este video vale a pena escoitalo . Ten unha duración de once minutos.

http://profesorgeohistoria.wordpress.com/2012/12/02/la-lomce-segun-tonucci-stop-ley-wert-www-stopleywert-org/

Tamén hai dous artículos moi interesantes sobre a EDUCACIÓN que aparecen cando se abre este enlace. Están a continuación do video. 

Clicando neste enlace tamén están:


http://www.publico.es/546681/con-la-ley-wert-se-desprestigia-la-oportunidad-de-generar-talento

A IMPORTANCIA DO XOGO NA INFANCIA:

«Los pequeños no quieren estar recluidos en su habitación para jugar, ni en ludotecas, ni en todos esos espacios que construimos para que estén controlados»
                                                         Tonucci
http://ahorasoymama.com/la-importancia-del-juego-durante-la-infancia/



xoves, 2 de outubro de 2014

O QUINZET

O  CÁLCULO A TRAVÉS DO MÉTODO QUINZET.

O MÉTODO QUINZET é un proceso didáctico con exercicios de cálculo mental automático.


INSTRUCCIÓNS:

  • Cada neno ou nena ten unha folla con 5 columnas, unha por cada día da semana de luns a venres. 
  • Cada columna ten cinco respostas a cinco preguntas que fai a profesora, numeradas do 1º ao 5º.
  • As follas están boca abaixo. 
  • No momento da indicación de comezo, danlle a volta á folla.
  • Deben comezar de xeito ordenado e pola columna que corresponde ao día en que estamos.
  • Cada día resolvemos unha columna con cinco respostas.
  • A profesora le con calma e claridade a pregunta, só unha vez e non se repite.
  • Require atención, non molestar aos compañeiros, non interrumpir.
  • É individual, non poden copiarse.
  • Cando se remata danlle a volta á folla.
  • Imos contabilizando os acertos e os erros. Quen teña menos erros leva un Diploma.
  • O Diploma entrégase unha vez se complete a folla.

Algunha pregunta modelo:

  1.  Xan ten tres cromos e seu pai mercoulle 2 . Cantos cromos ten Xan?.
  2. María tiña 4 caramelos e deulle dous a Carla. Cántos caramelos ten ?
  3. Se un pastel custa 2 euros e merquei  dous pasteis . Cánto gastei?
  4. Tiña dúas mazás e deille a metade a Inés. Cántas me quedan ?
  5. 2 e 0 , cánto é?

 Cada día da semana responden a cinco cuestións de cálculo mental similares ás anteriores.
 As preguntas van aumentando en dificultade.

 Encántalles facer este traballo matemático, a pesares de que require silencio, atención, moita concentración.







MATEMÁTICAS CREATIVAS

   CONTO : EL FLAUTISTA DE HAMELÍN


http://www.slideboom.com/presentations/305803/CUENTO-MATEM%C3%81TICO-EL-FLAUTISTA-DE-HAMEL%C3%8DN

Estos enlaces son de moita axuda para traballar con recursos educativos de interese.

https://sites.google.com/site/presentacionesdeprimaria/



http://joseluis2006.blogspot.com.es/search/label/quinzet

mércores, 1 de outubro de 2014

NOVAS DO COLEXIO

OBRAS NO CEP ANTONIO MAGARIÑOS P.

Neste enlace que se corresponde coa web do colexio podedes ler a situación en que se atopa o centro por mor das obras iniciadas e non continuadas . 
Tamén  o disgusto e incomprensión manifestada polo equipo de profesores ao aparecer un comunicado  no portal da Consellería de Educación,o día 23 de setembro do ano en curso,"supostamente" contestando esta a unha nota de prensa que fala da situación en que se atopan as obras de distintos centros 
( entre eles o CEP Antonio Magariños ). 
Que se utilice este espazo web dunha Consellería para estos fins, non  parece serio.

http://www.edu.xunta.es/centros/cepantoniomagarinos/?q=node/378

CIENCIAS DA NATUREZA

O  MEU  CORPO.  
                                   QUÉ SABEMOS ?

Xa comezamos a unidade didáctica de C. da Natureza.


Estivemos bailando con este video  e compartindo cos compañeiros da aula este momento. Tamén é de gran axuda                                          "Osiños".

Neste enlace podedes ver un video sobre O NOSO CORPO cantado por Mamá Cabra.











BINGO DE NÚMEROS

Esta actividade matemática, non é un simple bingo no que se cantan números sin máis.
Os números que van saindo do bombo, teñen que descubrilos entendendo o comando que menciona a persona que dirixe o xogo.
Por exemplo:

   * Vai antes do 11...............   (10)
   * Vai despois do 8 .............   ( 9 )
   * A metade de 6   ..............   ( 3 )
   * 5+4     .............................   ( 9 )
   * 10- 8   .............................   ( 2 )

  Teñen que resolver o comando ou cuestión e logo colocar a ficha no resultado (número ) correspondente.

Buscar estratexias para resolver, estar atentos, .......
 

APRENDIZAXE CCOPERATIVA

DINÁMICA DE GRUPOS

MUNDO DE COLORES

É UNHA ACTIVIDADE PENSADA PARA PREPARAR E SENSIBILIZAR AO ALUMNADO A TRABALLAR DE FORMA COOPERATIVA.

Cada participante colócase de espalda á parede, pecha os ollos e  mantense en silencio. A cada un se lle pega na fronte unha pegatina de color, de xeito que non poida ver qué color lle tocou. A un dos participantes non se lle pon ningunha pegatina ou se lle coloca unha completamente distinta, que só a  leva él. 
Seguidamente, xa poden abrir os ollos e  diceselles que teñen dous minutos para agruparse, sen decir nada. 
A titora observa cómo o fan,  e qué pasa co que leva a pegatina diferente... 
Despois falan sobre o que lles pasou, cómo o fixeron, cómo se sentiron... 
Deben utilizar a mímica para comunicarse e buscar estratexias para entenderse.









HUGO

COMPARTIMOS  EXPERIENCIAS.

Hugo Castro Soler, da clase de 1ºB veu ensinarnos as partes do esquelete que lle está a enviar o seu avó de Sevilla. Contounos que lle chegaron por servizo de paquetería.

De momento ten a calavera e unha parte do cerebro, ademáis das costelas. Tamén díxonos que ten as instruccións para ires montando as pezas, e pouco a pouco compoñer todo o esquelete, que é irmán xemelgo do noso amigo "Osiños"que temos na aula e axúdanos a coñecernos un pouquiño mellor.
Damos as grazas a Hugo por facernos participes do agasallo que recibíu do seu avó.


Osiños





ESPAZO LECTOR

Neste curso ainda non tivemos o espazo lector como está previsto na programación xéral do curso.  Dado o problema que  supón estar pendentes das obras que se queren acometer no centro, polo de agora están paradas, houbo que cambiar horarios, e no momento do tempo lector non é posible centrarse porque mentras están os alumnos maiores de recreo no único patio que se pode utilizar , os que estamos a carón dese patio padecemos o inconvinte da distracción que supón , como é lóxico, dos alumnos das nosas aulas.

É unha mágoa non poder avanzar no cultivo de rutinas, actitudes e hábitos,como pode ser, entre outros o "Hábito Lector".

Esta semana xa comezamos a utilizar a Biblioteca do Centro, na que levarán un libro en préstamo que virá de volta aos oito días, e  será cada venres.

O libro deberá coidarse . En caso de que se deteriore ou se extravíe teredes que repoñelo.

Ademáis leva un marcapáxinas personalizado que terá que presentarse para poder facer o préstamo.

Se algún membro da familia quere vir a aula a contar un conto ou facer algunha actividade que considere interesante, será moi ben recibido. Gústanos contar coa vosa colaboración. Non se pode concebir a escola sin a participación e relación FAMILIA-ESCOLA.