xoves, 2 de outubro de 2014

O QUINZET

O  CÁLCULO A TRAVÉS DO MÉTODO QUINZET.

O MÉTODO QUINZET é un proceso didáctico con exercicios de cálculo mental automático.


INSTRUCCIÓNS:

  • Cada neno ou nena ten unha folla con 5 columnas, unha por cada día da semana de luns a venres. 
  • Cada columna ten cinco respostas a cinco preguntas que fai a profesora, numeradas do 1º ao 5º.
  • As follas están boca abaixo. 
  • No momento da indicación de comezo, danlle a volta á folla.
  • Deben comezar de xeito ordenado e pola columna que corresponde ao día en que estamos.
  • Cada día resolvemos unha columna con cinco respostas.
  • A profesora le con calma e claridade a pregunta, só unha vez e non se repite.
  • Require atención, non molestar aos compañeiros, non interrumpir.
  • É individual, non poden copiarse.
  • Cando se remata danlle a volta á folla.
  • Imos contabilizando os acertos e os erros. Quen teña menos erros leva un Diploma.
  • O Diploma entrégase unha vez se complete a folla.

Algunha pregunta modelo:

  1.  Xan ten tres cromos e seu pai mercoulle 2 . Cantos cromos ten Xan?.
  2. María tiña 4 caramelos e deulle dous a Carla. Cántos caramelos ten ?
  3. Se un pastel custa 2 euros e merquei  dous pasteis . Cánto gastei?
  4. Tiña dúas mazás e deille a metade a Inés. Cántas me quedan ?
  5. 2 e 0 , cánto é?

 Cada día da semana responden a cinco cuestións de cálculo mental similares ás anteriores.
 As preguntas van aumentando en dificultade.

 Encántalles facer este traballo matemático, a pesares de que require silencio, atención, moita concentración.







Ningún comentario:

Publicar un comentario