mércores, 1 de outubro de 2014

ESPAZO LECTOR

Neste curso ainda non tivemos o espazo lector como está previsto na programación xéral do curso.  Dado o problema que  supón estar pendentes das obras que se queren acometer no centro, polo de agora están paradas, houbo que cambiar horarios, e no momento do tempo lector non é posible centrarse porque mentras están os alumnos maiores de recreo no único patio que se pode utilizar , os que estamos a carón dese patio padecemos o inconvinte da distracción que supón , como é lóxico, dos alumnos das nosas aulas.

É unha mágoa non poder avanzar no cultivo de rutinas, actitudes e hábitos,como pode ser, entre outros o "Hábito Lector".

Esta semana xa comezamos a utilizar a Biblioteca do Centro, na que levarán un libro en préstamo que virá de volta aos oito días, e  será cada venres.

O libro deberá coidarse . En caso de que se deteriore ou se extravíe teredes que repoñelo.

Ademáis leva un marcapáxinas personalizado que terá que presentarse para poder facer o préstamo.

Se algún membro da familia quere vir a aula a contar un conto ou facer algunha actividade que considere interesante, será moi ben recibido. Gústanos contar coa vosa colaboración. Non se pode concebir a escola sin a participación e relación FAMILIA-ESCOLA.





Ningún comentario:

Publicar un comentario