luns, 22 de decembro de 2014

NADAL

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º A E 1º B interpretaron unha panxoliña, en galego, que foi preparada na clase de música coa profesora Lucía.
Fixéronno moi ben e actuaron acompañados dos anxos que fixeron , un para cada man.





  Visitounos  o Apalpador  e estivo cos nenos    entregándolle unha presiña de castañas .
 Un grupo de nenos de 1ºA prepararon o conto do Apalpador apoiados co Kamishibai. Foron contárllelo ás clases que demandaron a súa presenza.

O Apalpador o curso pasado estivo por Cambados o 24 de decembro e deixou algúns xoguetes de madeira feitos por él mesmo.




Fixemos unha festa de Nadal na aula, percorremos o colexio co noso Kamishibai, fixemos fotos na árbore de Nadal e co Papá Noël, e actuamos no Festival de Nadal do cole.




PADRIÑOS LECTORES

Unha das actividades entre cursos é a ACTIVIDADE DOS PADRIÑOS LECTORES.
 Polo NADAL viñeron á aula os Padriños Lectores e agasallaron aos seus afillados cunha preciosa CARTA DE PRESENTACIÓN e uns ARROLIÑOS entrañables.
OS AFILLADOS regaláronlle unha tarxecta de felicitación de Nadal, cunha foto de cada un, feita no photocall do Papá Noel que tiñamos no colexio.
O día do Festival de Nadal, tivemos unha visita sorpresa dos Padriños, que nos deleitaron cunhas pezas musicais e entregáronlles unhas fermosas traxectas de felicitación.
 Tamén nos visitaron os antigos alumnos que xa se foron ao Instituto, e alumnas  de 3ºB.






 










venres, 12 de decembro de 2014

CUMPLEAÑOS DE PLATERO

CENTENARIO  DE  PLATERO  Y  YO
Hoy se conmemora el centenario de "Platero y yo" de Juan Ramón Jimenez (Premio Nobel de Literatura en 1956).
 
  

 
CENTENARIO DE PLATERO Y YO

Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos.
Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado, y acaricia tibiamente con su hocico, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: “¡Platero!" y viene a mí con un trotecillo alegre que parece que se ríe...",


Dedicado por Juan Ramón Jiménez A la memoria de Aguedilla, la pobre loca de la calle del Sol que me mandaba moras y claveles, describe la amistad y el cariño entre un viejo y su burrillo, una relación en la que se funden la alegría, la pena y el agradecimiento. Es un libro que entra en lo profundo del alma humano, un libro bueno no sólo para niños, sino también para mayores.



luns, 8 de decembro de 2014

O MAGOSTO

OS NOSOS TRABALLOS
 Este curso non puidemos celebrar o asado de castañas e os xogos populares que se acostuma a facer, por mor das obras do centro.
Ainda así non deixamos de traballar con esta unidade didáctica mediante os contos, adiviñas, videos, pareados, un xogo matemático con instruccións (tipo Oca), temático, referido ao Magosto.
 







OS ALIMENTOS


Estamos indagando sobre" Os Alimentos" e "Unha Alimentación Sá".
Coa axuda das familias clasificamos Os Alimentos a partires de catálogos ou folletos de supermercados. 
 Cada neno ou nena explícalle aos compañeiros o traballo que fixo na súa casa.
 É  moi importante a implicación das familias no desenvolvemento das distintas competencias  curriculares.







OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Traballamos na aula o día 20 de novembro sobre o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos.

 

 



Derechos de los niños

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA


ESTATUTO DE AUTONOMÍA E CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

     O día 1 de decembro, a primeira hora da mañán,os alumnos de 1ºA izan as bandeiras galega e española na entrada do colexio. Os alumnos de 1ºB encárganse da baixada das mesmas.
Ao longo da semana, cada curso encárgase de izar, e baixar as bandeiras ao remate da xornada escolar .
O profesor Jorge é o encargado de levar a cabo este Acto e explícarlles aos alumnos o sentido do mesmo.
O venres día 5 de decembro celebrouse un Acto colectivo de todo o centro educativo, no que se interpretaron e leron varios artigos do Estatuto de Autonomía de Galicia e da Constitución Española.
Os alumnos de 1ºA interpretan o artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Galicia,que fai referencia á Bandeira Galega, o Himno e o Escudo da nosa Comunidade Autónoma.