xoves, 19 de marzo de 2015

EL HOMBRE DE NINGUNA PARTE

AS  EMOCIÓNS: o xogo dos espellos

Hoxe tivemos unha sesión compartida cos "nosos padriños lectores".
Padriños e afillados compartindo EMOCIÓNS coa música de Xoel López , "el hombre de ninguna parte."
O Xogo dos Espellos, entre padriños e afillados, apoiados pola música de Xoel López, foi unha experiencia que valoraron como moi positiva, e as emocións compartidas que destacaron foron: alegría, sensacións de xogar nun remuiño de auga, dunha paisaxe rodeada de mimos, sensación de estar ao sol, animado, tranquilo, activo, emocionada, amizade, felicidade, amor, diversión, ...

O Plan de Formación do Profesorado do noso centro, conta coa formación en Educación Responsable da Fundación Botín, na que participan un grupo de profesores do colexio con actividades, que se desenvolven ao longo dos tres trimestres, e teñen como obxectivo  principal "promover e facilitar o desenvolvemento das fortalezas e capacidades dos nosos alumnos, perseguindo o desenvolvemneto integral dos mesmos.

Estas fortalezas desenvolveranse a través do traballo e interacción diaria na escola, na familia, na comunidade. Polo que é moi importante a coordinación e relación familia-escola-comunidade.

Contamos cun banco de ferramentas que contén, contos, cancións, materiais audiovisuais, secuencias de cine,...

A familia é o contexto máis importante para a aprendizaxe emocional e social.


A escola e familia traballando na mesma dirección.

Dentro dos Recursos de Educación Responsable, contamos, ademáis, con Música, Arte (Reflejarte), Literatura, emocións e creatividade.

 Intentei subir o video da actividade entre afillados e padriños lectores, pero pesa demasiado e non mo permite. Volverei a intentalo porque vale a pena. Xenial!

Os padriños lectores agasallaron aos afillados con esta actuación:






Ningún comentario:

Publicar un comentario