mércores, 12 de novembro de 2014

As Mochilas Viaxeiras

Desde o Departamento de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), e en colaboración coa Biblioteca do Centro,  este curso, puxéronse en marcha 7 Mochilas Viaxeiras: 1ºA, 1º B, 2ºA, 2ºB, 4ºA, 4ºB e 5ºA.

Esta actividade, ao igual que a Gravación de Cantigas en Galego, por parte das familias é un xeito de achegar ás casas materiais en Lingua Galega do  que poden participar todos os membros que conforman a familia, así como crear un espazo e un momento de utilización da nosa lingua.

O Contido das Mochilas Viaxeiras  é variado, dende contos , libro de poemas, libros musicais, música en galego, libros para adultos, libros de cociña, dvd, Libro de valores,Ademáis dun marcapáxinas, Ficha de relación do contido da Mochila e unha axenda na que poden deixar constancia do uso da Mochila, comentarios e suxerencias.

A Mochila estará na casa 8 días ( de xoves a xoves ).

É importante que antes de devolvela á escola comproben se leva todo o material e non queda esquecido na casa.







Ningún comentario:

Publicar un comentario