martes, 21 de abril de 2015

MATEMÁTICA DANZADA

O día 23 de marzo tivemos na nosa escola a Mercedes Prieto Martínez. Profesora especialista en Matemática Danzada.
Traballou cos nenos e nenas de 1º Ciclo. Impartíu 4 sesións, de unha hora para cada clase.
Pola tarde estivo danzando con parte do profesorado do centro, dende as 16:00 a 19:00 horas.







A danza na Educación desempeña un papel imprescindible no desenvolvemento integral e harmónico dos nenos e nenas.

 Un xeito de desenvolver a competencia matemática mediante unha aprendizaxe significativa, xa que a través da danza os nenos e nenas poden satisfacer a necesidade de expresar 
ideas, pensamentos, sentimentos, mediante o seu corpo e o movemento, estimulando aprendizaxes e relacionando os contidos das distintas áreas curriculares, a través dunha metodoloxía interdisciplinar.





As formas xeométricas
       Alex "Construindo".

Traballamos contidos matemáticos expresados co corpo:

   " Somos números".
  Na praza, da miña localidade, construimos as nosas casas arredor da mesma. O centro debe quedar libre pois sempre pode haber unha fonte.
Cada neno vai construindo, cos materias dispostos na aula de música, a sua casiña. 
Como todas as casas, temos que poñerlle un número que teremos que representar co noso corpo.








Ao son da música os nenos danzan, desprázanse e exploran o espazo. Cando para a música, ocupan a casa que queda libre.




 Previamente, na nosa aula traballamos A Tea dos Soños: formamos figuras xeométricas no plano e en tres dimensións.
Exploramos distintos elementos das figuras xeométricas: vértices, lados, perímetro,...


Outros conceptos matemáticos, como os números e a medida, a Lata de Sardiñas para traballar a suma, resta,.....







 Construimos coreografías en gran grupo (grupo clase), por parellas, en equipo e individual.





Imos comezar cos "Reloxios", polo que aproveitamos para continuar coa Matemática danzada, coa Danza do Reloxio, e o Reloxo Asincopado.














Ningún comentario:

Publicar un comentario