domingo, 15 de febreiro de 2015

MATEMÁTICA DANZADA
A aprendizaxe por descobremento. 
  O xogo como actividade matemática desperta o interese dos alumnos , favorece o descobremento, fomenta actitudes de escoitar, de respectar a súa quenda, de cooperar e de respectar aos demáis.
OBXECTIVOS 
Traballar as matemáticas cun enfoque lúdico.
Potenciar o inxenio
Amosar unha actitude positiva cara as Matemáticas.
Formalizar os conceptos matemáticos ,procedementos e actitudes, a través das instruccións e manipulacións do xogo como recurso.
Gusto polos xogos que fan pensar e descubrir novos aprendizaxes.
Descubrir e estimular ese potencial oculto de capacidades.
Exercitala mente á vez que nos divertimos.
Potenciar as habilidades necesarias para a percepción, pensamento analítico e razoamento.
Fomentar o espìritu de cooperacióne do traballo en equipo.
Fomentar un sentimento de gozo na competencia matemática.
Adquirir unha progresiva autonomía e seguridade.
Potenciar a competencia matemática a través do xogo.
Entender o xogo como actividade natural e motivadora para a aprendizaxe matemática.
Globalizar as matemáticas con outras áreas ( Linguas, Plástica, …)


 
 
 
Imos tecendo unha tea dos tesouros con "trapillo"".
 
 
 
 
 
 
 
I
Imos descubrindo os tesouros que se van formando a medida que formamos a tea .

Van aparecendo formas xeométricas, vértices, lados, ángulos, tamaños, dentro-fóra, distintos planos, itinerarios, percorremos unha traxectoria seguindo as instruccións previas, variacións dos polígonos en función de .....



 Volven realizar o itinerario que acaban de percorrer, cos mesmos desprazamentos e movementos.








A mañá do día 25 de marzo, estará no colexio Mercedes Prieto para impartir catro sesións de "Matemática Danzada" aos alumnos e alumnas de 1º Ciclo.
Pola tarde impartirá un taller  ao profesorado en horario de 16:00 a 19:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario