martes, 30 de setembro de 2014

ELECCIÓNS A DELEGADOS / DELEGADAS

Hoxe día 30 de setembro rematou o proceso electoral para a Elección de Delegados/as e Subdelegados/as.

Lemos as MISIÓNS dos Delegados ou Delegadas. Despois de afondar na importancia deste cargo, o compromiso a que se expoñían e as aúas funcións, reunións anuais coa Directora, ...
 
Presentáronse oito candidaturas.


Pediron o voto aos seus compañeiros


                                                                   
Procedemos á votación.


Pablo é o secretario, Daniel o vocal e a titora a Presidenta
Os membros da mesa son os últimos en votar.


                                     



Procedemos ao reconto de votos.


 O secretario da mesa electoral (Pablo) cubre as Actas.



 Son elexidos como Delegado: Alberto e Subdelegada: Gabriela.

¡¡Noraboa!! a Alberto e Gabriela.
 Son as súas primeiras Eleccións que este grupo de nenos e nenas afrontan con ilusión e compromiso.

Coñecen as súas misións como Delegado e Subdelegada.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario